17 de Xuño de 2011

Cadro de 1901. Óleo sobre lenzo. Coas medidas 110.5 x 96.5 cm. Atópase no Fogg Art Museum, Harvard University, en Cambridge.
Este cadro transmítenos o medo e a protección da muller, acurrucada co neno nun recuncho .
Precisamos a escuridade do cadro pola roupa da muller e a parede.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
17 de Xuño de 2011

Coas medias 30.9 x 47 cm., atópase no Berlín Museum, Alemaña.
Este cadro, unha paisaxe urbana, xoga coa perspectiva cónica, vese ben que tamén hai sombra. Dálle máis cor cálida ás partes sen sombra.
Publicado en realismo |
Comentarios desactivados
14 de Xuño de 2011

Pintura coas medidas 65 x 53.5 cm. Pertence a unha colección privada de Milano, Italia
Neste cadro podemos precisar moi ben as curvas da muller e tamén vemos que o autor puxo coma se fose auga.
Publicado en modernismo |
Comentarios desactivados
13 de Xuño de 2011

O tamaño deste óleo sobre lenzo pintado no ano 1888 e co título Doce xirasoles nun floreiro é de 93 cm X 72 cm
Atópase na Neue Pinakothek de Múnich, en Alemaña.
Está realizado coa técnica do “empaste”, que consiste en apretar o tubo de pintura sobre o lenzo producindo un efecto tridimensional e conseguindo darlle viveza ao cadro, cargar de simbolismo as flores. Destaca sobremaneira o uso do amarelo.
Vicent pintou moitos xirasoles durante a súa estancia en Paris, tempo no que se usaban xirasoles como regalo á persoa que che gustaba. Van Gogh collía no campo os xirasoles e mantíñaos con vida pintándoos. Constitúen un dos temas preferidos deste pintor e conseguiu con eles superar a pintura de “natureza morta”.
Publicado en (pos)impresionismo |
Comentarios desactivados
Comentarios recentes