19 de Xuño de 2011

Esta pintura pertence ao século XX, ano 1917 . Está pintada ao óleo sobre lenzo, e ten unhas medidas de 70 x 84 cm. Pódese atopar no Museo Thyssen-Bornemisza.
O cadro representa unha escena duns barcos de papel no mar, con cores suaves. Podemos distinguir algúns sombreados.
Publicado en cubismo |
Comentarios desactivados
17 de Xuño de 2011

Este cadro pertence ao século XIX ( 1891). Está pintado nun lenzo e ten unhas medidas de 92×123. Atópase no Museo de Louvre, Paris, Francia.
Representa unha imaxe na que aparecen unha serie de señores montados a cabalo. O fondo é de tormeta e dá a impresión de guerra ou de malas circunstancias. As cores son frías e existe unha profundidade e sensación de velocidade.
Publicado en romanticismo |
Comentarios desactivados
17 de Xuño de 2011

Este cadro pertence ao século XX. Está pintado ao óleo sobre taboleiro e ten unha medidas de 36,5 x 52 cm. Pódese atopar no Museo Internacional de Arte Naïf “Manuel Moral”.
Representa unha paisaxe dunha aldea vista dende arriba. As cores son cálidas e brillantes e hai unha sensación de picado e profundidade. O tipo de pintura é representativo da corrente Naif, que pretende unha volta á intuición infatil.
Publicado en pintura naif |
Comentarios desactivados
14 de Xuño de 2011

Este cadro é do ano 1936. Está pintado de forma lateral, ao óleo sobre madeira, e ten unas medidas de 46 x 66. Anteriormente pertencía á colección Edward James, agora pódese atopar no Museo de Boymans-van Beuniggen de Rotterdam.
O seu subtítulo é Critica: tarde a orilla da historia Europea.
Representa unha especie de mercado antigo, no que se aprecian ruínas e varios monumentos ao fondo, e máis cerca unha señora con postos de venda de diferente cousas. As cores son cálidas e destaca o ceo, cun azul chillón e máis difuminado o fondo.
Publicado en surrealismo |
Comentarios desactivados
14 de Xuño de 2011

Esta pintura pertence ao século XX ( 1915-1917), está pintada ao óleo sobre tea, cunhas medidas de 98×98. Pertence a unha colección privada de Liborno, Italia.
As cores son moi variadas e moi cálidas, destacando e combinando sobre todo o laranxa, violeta-azul co vermello.
Representa o fondo do mar, cunha serea e unha cuncha grande á súa esquerda, e polo fondo un sol grande. Lémbranos moito as Venus do Renacemento.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
14 de Xuño de 2011

Esta pintura pertence ás vangardas históricas. Está realizada sobre papel crema, e ten unhas medidas de 28×28 cm. Pódese atopar no Museo Nacional de arte moderna de París, Francia.
É un cadro simple, cun fondo color crema, e seis liñas de diferentes formas e cores, dúas laranxas, dúas azuis escuras e dúas azuis claras. Pode expresar a soidade, ruptura e dificultade do camiño.
Publicado en arte abstracta |
Comentarios desactivados
13 de Xuño de 2011

Between two worlds é unha obra do ano 1939, pintada nun oleo sobre lenzo, pertence a unha colección privada e está no museo de Osaka, Xapón.
A obra representa unha pisaxe irreal, con tres mulleres situadas ó principio e unha especie de castelo máis ó fondo.
As cores son maiormente cálidas e variadas xogando co contraste, que representa algo estraño, como se fose un pesadelo.
Publicado en expresionismo |
Comentarios desactivados
7 de Xuño de 2011

Este cadro “Algarabía multicolor” é unha pintura española actual (século XX – XXI ). Ten unhas medidas de 80 x 30 cm.
Representa unhas bolboretas a cores cálidas dando a sensación de alegria e ganas de vivir. Para dar a sensación de plenitude aérea, aparece a herba pouco perfilada, así dando a impresion de que as bolboretas están no ceo.
Publicado en figuración actual |
Comentarios desactivados
6 de Xuño de 2011

Este cadro, Alerquín a Caballo, está pintado ao óleo sobre cartón. Ten unhas medias de 100 x 69.2 cm. É do ano 1905 e atópase no Museo Picasso.
O cadro é un retrato a cabalo. É simétrico e difumina os contornos para dar a sensación de profundidade . As cores son frías en consonancia coa época rosa do autor na que foi pintado.
Publicado en (pos)impresionismo |
Comentarios desactivados
27 de Maio de 2011

A Sailor and His Sweetheart é unha obra ó óleo de 33,5 x 29 cm. Pódese atopar no museo ou teatro” Leningrad de Rusia” .
O tema do cadro é o retrato dun señor cunha señora agarrados da man andando, preto do mar e cunhas casas ao lonxe.
Hai variación nas cores e son cálidas.
Publicado en modernismo |
Comentarios desactivados
Comentarios recentes