21 de Xuño de 2011

Este cadro esta feito no ano 1916, con Tinta, témpera e collage sobre papel branco pegado en papel gris. As súas dimensións son 21 x 15,5 cm. Pertence a unha Colección Particular.
Semella unha paisaxe e presenta variedades de cores, vivas como o vermello e cálidas como o amarelo e o branco.
Publicado en dadaísmo |
Comentarios desactivados
21 de Xuño de 2011

Este cadro está feito no ano 1924. Pintado ao óleo sobre lenzo.
Presenta cores cálidas como o gris e o branco. Semella unha paisaxe na que chama a atención a posible nube de abaixo pola súa forma. No ten demasiada luz porque non se perciben ben as cousas.
Publicado en arte abstracta |
Comentarios desactivados
21 de Xuño de 2011

Este cadro foi feito no ano 1919. Foi feito ao oleo sobre lenzo. As súas dimensións son 101 x 65 cm. Podémolo encontrar na colección de Morton G. Neuman.
Ten cores vivas e cores cálidas. Presenta formas arquitectónicas.
Publicado en cubismo |
Comentarios desactivados
21 de Xuño de 2011
Este cadro foi realizado no ano 1888 ao oleo sobre lenzo. As súas dimensións son 72 x 92 cm. Pódese atopar no Museo Pushkin de Belas Artes de Moscú, Rusia.
É unha escena de café con gran variación de cores. Ten bastante luz frontal que permite percibir todo con claridade.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
21 de Xuño de 2011

Este cadro foi pintado no ano 1900, con tintas e acuarelas. As súaas dimensións son 21 x 13,5 cm. Atópase no museo de Montserrat.
É un debuxo expresivo que representa, con liñas grosas e cores cálidas, o espectáculo do toureo.
Publicado en modernismo |
Comentarios desactivados
21 de Xuño de 2011

O cadro é do ano 1889, realizado en pastel e carbón sobre papel gris. Pódese atopar no museo do Louvre, en Paris.
É un retrato. Non hai moita luz , as cores son frías e ten difusión dos contornos.
Publicado en (pos)impresionismo |
Comentarios desactivados
17 de Xuño de 2011

É un oleo sobre tea. As súas dimensións son 51 x 65 cm. Está nunha colección particular.
As súas cores son rechamantes. Cores vivas con pinceladas soltas. É un paisaxe dunha montaña, mais as cores que non se adecúan.
Publicado en expresionismo |
Comentarios desactivados
Comentarios recentes