23 de Maio de 2011

La persistencia de la memoria, coñecido tamén como Los relojes blandos, é un famoso cadro do pintor español Salvador Dalí pintado en 1931. Realizado mediante a técnica do óleo sobre o lenzo, é de estilo surrealista e as súas medidas son 24 x 33 cm. Actualmente, atópase no Museo de Arte Moderna de Nova York.
O que máis chama a atención neste cadro pode ser a forma que se lle dá aos reloxos e o tratamento da luz nalgunhas zonas do cadro, así como a referencia que fai aos soños e o subconsciente.
Publicado en surrealismo |
Deixar un comentario »
23 de Maio de 2011

Obra principal do cubismo, realizada por Picasso en 1907. Hoxe atópase no Metropolitan Museum of Art, de Nova York.
A delicadeza coa que tradicionalmente se trataba o corpo espido transfórmase en planos e ángulos. Constituíu o punto de partida para moitos outros pintores cubistas.
Publicado en cubismo |
Deixar un comentario »
23 de Maio de 2011

Obra paisaxística de Edgar Degas, de 1870, actualmente nunha colección privada en Londres.
Publicado en (pos)impresionismo |
Deixar un comentario »
22 de Maio de 2011

Impresión, nacer do sol, é a máis célebre e importante obra de Claude Monet. É un óleo sobre tela, datado en 1872, que representa o amencer no porto de Havre, con néboa sobre o estaleiro, os barcos e as chemineas. Está exposta no Museu Marmottan.
Publicado en (pos)impresionismo |
Deixar un comentario »
Comentarios recentes