Arquivo do autor

23 de Xuño de 2011

Munch: O berro

Esta obra precursora e principal representante da corrente expresionista, é de 1893. Un óleo, temple e pastel sobre cartón, de 89 x 73,5 cm de dimensións. Está no The National Gallery, en Oslo.

Etiquetas:
20 de Xuño de 2011

Picasso: Paisaje con árbol muerto y vivo.

É un cadro de 1919. Óleo sobre lenzo coas medidas 49 x 64 cm. Atópase no Bridgestone Museum of Art, Tokio.

A imaxe mosta unha árbore e de fondo unhas casas e montañas, con cores variadas.

Etiquetas:
19 de Xuño de 2011

Martin Fernández: Adagio

De 1903, é un óleo sobre lenzo que mide 109 x 103 cm. Está no Museo Néstor, en Las Palmas de Gran Canaria.

O cadro mostra a imaxe dunha muller abrazando un cisne nun bosque. As cores son case todas verdosas excepto o cisne e a muller, que resaltan así.

Etiquetas:
19 de Xuño de 2011

Agustin Lazo: robo al banco

Pintura de 1930-32. Gouache e tinta sobre papel, coas medidas 27 x 36,5 cm. Está na Colección Gelman, na Cidade de México. México.

Pertence ao realismo na época das vangardas. A imaxe mostra dúas persoas levando cartos roubados nun banco. Destaca o uso da liña e as sombras.

Etiquetas:
19 de Xuño de 2011

Dali: alegoría de la primavera

De 1978, é un óleo sobre madeira, enmarcado con cereixas de plástico e espadrillas catalás. Mide 122 x 244 cm. Está na Fundación Gala-Salvador Dalí, en Figueras.

Distíngense varias formas de mulleres e un cisne, todo con moitas colores especialmente vivas.

Etiquetas:
19 de Xuño de 2011

Goya: El coloso

Obra de 1808-1812. É un óleo sobre lenzo coas medidas 116 x 105 cm. Está no Museo del Prado, en Madrid.

Como se di na Wikipedia:

El Coloso, pintado entre 1808 e 1812, é un cadro tradicionalmente atribuído a Francisco de Goya no que un xigante de tamaño colosal se ergue por tras duns montes, que lle ocultan as pernas até as coxas, ocupando a figura o centro da imaxe, estando arrodeada de nubes e cos puños en alto. O terzo inferior do lenzo ocúpao un sombrío val onde unha multitude de xente e gando se dispersa caoticamente en todas direccións.

Etiquetas:
14 de Xuño de 2011

Vicent van Gogh: noite estrelada sobre o Ródano

Obra de 1888. Óleo sobre lenzo. Mide 72.5 x 92 cm. Está no Museo de Orsay, en Paris.

O estilo impresionista nótase nas cantidade de pinceladas de diferentes cores que hai no cadro. Tamén trata de captar a luz nun momento determinado cunhas cores moi vivas.

Etiquetas:
7 de Xuño de 2011

Picasso: Guernica


Este famoso cadro de Pablo Picasso, pintado nos meses de maio e xuño de 1937, alude no seu título ao bombardeo da vila basca de Guernica, ocorrido o 26 de abril dese ano, durante a Guerra Civil Española.

É un óleo sobre lenzo, cunhas dimensións de 3,50 x 7,80 m. Atópase no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia, en Madrid.

A pesar do seu título, e das circunstancias en que foi realizado, non hai nel ningunha referencia concreta ao bombardeo. Non é, polo tanto, un cadro narrativo, senón simbólico. Está pintado utilizando unicamente o branco e o negro, ademais dunha variada gama de grises.

Etiquetas:
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.