Arquivo para ‘expresionismo’

23 de Xuño de 2011

Munch: O berro

Esta obra precursora e principal representante da corrente expresionista, é de 1893. Un óleo, temple e pastel sobre cartón, de 89 x 73,5 cm de dimensións. Está no The National Gallery, en Oslo.

Etiquetas:
22 de Xuño de 2011

Emil Nolde: Dark Mountain Landscape

É unha acuarela sobre papel coas medidas de  18,5 x 14,4 cm.

É unha axitada paisaxe co sol e as montañas. Vese que ten unha rechamante variedade de cores e predomina a violeta.

Etiquetas:
20 de Xuño de 2011

Wassily Kandinsky : Autumn in Bavaria

Pintura en óleo sobre cartón. O seu tamaño é de 33 x 45 cm. Podemos atopalo no Museo Nacional de Arte Moderna (Centre Georges Pompidou) en  París, Francia.

É unha paisaxe composta por cores moi fortes. Non dá sensación de profundidade e o autor xoga coa luz de maneira que poidamos ver as sombras das arbores.

Etiquetas:
20 de Xuño de 2011

Ernst Ludwig Kirchner: Aiuole di fiori nel parco di Dresda

Este cadro foi realizado en 1909. É un óleo sobre tea e as súas medidas son  77.4 x 94.5 cm. Atópase no The Baltimore Museum of Art. Gift of Curt Valentin Gallery.

Etiquetas:
17 de Xuño de 2011

André Masson: Alborada de Montserrat.


É un oleo sobre tea. As súas dimensións son 51 x 65 cm. Está nunha colección particular.

As súas cores son rechamantes. Cores vivas con pinceladas soltas. É un paisaxe dunha montaña, mais as cores que non se adecúan.

Etiquetas:
13 de Xuño de 2011

Yasuo Kuniyohis: Between two worlds

Between two worlds é unha obra do ano 1939, pintada nun oleo sobre lenzo, pertence a unha colección privada e está no museo de Osaka, Xapón.

A obra representa unha pisaxe irreal, con tres mulleres situadas ó principio e unha especie de castelo  máis ó  fondo.

As cores son maiormente cálidas e variadas xogando co contraste, que representa algo estraño, como se fose un pesadelo.

Etiquetas:
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.