O cadro é do ano 1889, realizado en pastel e carbón sobre papel gris. Pódese atopar no museo do Louvre, en Paris.
É un retrato. Non hai moita luz , as cores son frías e ten difusión dos contornos.
Escolma realizada por alumnado de 4º PDC do IES da Pobra do Caramiñal
O cadro é do ano 1889, realizado en pastel e carbón sobre papel gris. Pódese atopar no museo do Louvre, en Paris.
É un retrato. Non hai moita luz , as cores son frías e ten difusión dos contornos.
Este cadro feito ao óleo sobre lenzo, de 142,5 x 94,5 cm. Está exposto en The National Gallery of Art, de Washington, USA.
Representa a unha bailarina de ballet. Ten cores claras e brillantes, e para darlle unha certa perspectiva o artista utilizou sombreados para que houbese unha sensación de profundidade.
Pintado no ano 1881, é un debuxo ao cartón e mide 47 x 74 cm. Pertence a unha Colección particular e está en Vizcaya.
Ten dúas cores con diferentes tons de intensidade, que son o laranxa e o negro .
![]()
Obra de 1888. Óleo sobre lenzo. Mide 72.5 x 92 cm. Está no Museo de Orsay, en Paris.
O estilo impresionista nótase nas cantidade de pinceladas de diferentes cores que hai no cadro. Tamén trata de captar a luz nun momento determinado cunhas cores moi vivas.
O tamaño deste óleo sobre lenzo pintado no ano 1888 e co título Doce xirasoles nun floreiro é de 93 cm X 72 cm
Atópase na Neue Pinakothek de Múnich, en Alemaña.
Está realizado coa técnica do “empaste”, que consiste en apretar o tubo de pintura sobre o lenzo producindo un efecto tridimensional e conseguindo darlle viveza ao cadro, cargar de simbolismo as flores. Destaca sobremaneira o uso do amarelo.
Vicent pintou moitos xirasoles durante a súa estancia en Paris, tempo no que se usaban xirasoles como regalo á persoa que che gustaba. Van Gogh collía no campo os xirasoles e mantíñaos con vida pintándoos. Constitúen un dos temas preferidos deste pintor e conseguiu con eles superar a pintura de “natureza morta”.
Este cadro, Alerquín a Caballo, está pintado ao óleo sobre cartón. Ten unhas medias de 100 x 69.2 cm. É do ano 1905 e atópase no Museo Picasso.
O cadro é un retrato a cabalo. É simétrico e difumina os contornos para dar a sensación de profundidade . As cores son frías en consonancia coa época rosa do autor na que foi pintado.

Obra paisaxística de Edgar Degas, de 1870, actualmente nunha colección privada en Londres.

Impresión, nacer do sol, é a máis célebre e importante obra de Claude Monet. É un óleo sobre tela, datado en 1872, que representa o amencer no porto de Havre, con néboa sobre o estaleiro, os barcos e as chemineas. Está exposta no Museu Marmottan.
Comentarios recentes