Este cadro foi pintado por Theodore Gericault no ano 1818.
Ten moita variedade de cores e un bo traballo da luz. Pódese observar xente bañándose nun río, montañas con casas e un ceo nubrado.
Escolma realizada por alumnado de 4º PDC do IES da Pobra do Caramiñal
Este cadro foi pintado por Theodore Gericault no ano 1818.
Ten moita variedade de cores e un bo traballo da luz. Pódese observar xente bañándose nun río, montañas con casas e un ceo nubrado.
Cadro pintado en óleo sobre lenzo. De tamaño 131 x 194.5 cm. Podemos atopalo no Museo do Louvre, en París, Francia.
Con cores cálidas para aproximarnos á beleza dos animais, e sensación de profundidade, aínda que o que máis apreciamos son os animais.
Obra de 1808-1812. É un óleo sobre lenzo coas medidas 116 x 105 cm. Está no Museo del Prado, en Madrid.
Como se di na Wikipedia:
El Coloso, pintado entre 1808 e 1812, é un cadro tradicionalmente atribuído a Francisco de Goya no que un xigante de tamaño colosal se ergue por tras duns montes, que lle ocultan as pernas até as coxas, ocupando a figura o centro da imaxe, estando arrodeada de nubes e cos puños en alto. O terzo inferior do lenzo ocúpao un sombrío val onde unha multitude de xente e gando se dispersa caoticamente en todas direccións.
Este cadro pertence ao século XIX ( 1891). Está pintado nun lenzo e ten unhas medidas de 92×123. Atópase no Museo de Louvre, Paris, Francia.
Representa unha imaxe na que aparecen unha serie de señores montados a cabalo. O fondo é de tormeta e dá a impresión de guerra ou de malas circunstancias. As cores son frías e existe unha profundidade e sensación de velocidade.
Este cadro pertence ao século XIX, é do ano 1852. O tipo de pintura é óleo sobre lenzo. Está no High Museum of Art , en Atlanta. USA.
Contén cores moi apagadas na parte inferior do cadro e máis claras , vivas pola parte superior.
Comentarios recentes