22 de Xuño de 2011

Este cadro é dos anos 1894-6. Trátase dun óleo sobre lenzo que se atopa no Musée Gustave Moreau, de París.
Pódese observar un home sentado nun trono que vén sendo Xúpiter e ten unha muller sentada nas pernas. Polo fondo vense máis tronos coma ese pero en pequeno que veñen sendo os demais planetas.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
21 de Xuño de 2011
Este cadro foi realizado no ano 1888 ao oleo sobre lenzo. As súas dimensións son 72 x 92 cm. Pódese atopar no Museo Pushkin de Belas Artes de Moscú, Rusia.
É unha escena de café con gran variación de cores. Ten bastante luz frontal que permite percibir todo con claridade.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
20 de Xuño de 2011

Cadro pintado en pastel sobre papel. Dun tamaño de 47 x 65 cm. Encóntrase nunha colección particular, en Paris, Francia.
Representa unha paisaxe. Ten cores cálidas pero tamén abundan as frías. Dá unha sensación de profundidade, debido á gradación das cores e os sombreados.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
20 de Xuño de 2011

Acuarela de 1887. As súas medidas son 40 X 25 cm. Está no Museo do Louvre, Paris.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
19 de Xuño de 2011

De 1903, é un óleo sobre lenzo que mide 109 x 103 cm. Está no Museo Néstor, en Las Palmas de Gran Canaria.
O cadro mostra a imaxe dunha muller abrazando un cisne nun bosque. As cores son case todas verdosas excepto o cisne e a muller, que resaltan así.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
17 de Xuño de 2011

Cadro de 1901. Óleo sobre lenzo. Coas medidas 110.5 x 96.5 cm. Atópase no Fogg Art Museum, Harvard University, en Cambridge.
Este cadro transmítenos o medo e a protección da muller, acurrucada co neno nun recuncho .
Precisamos a escuridade do cadro pola roupa da muller e a parede.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
14 de Xuño de 2011

Esta pintura pertence ao século XX ( 1915-1917), está pintada ao óleo sobre tea, cunhas medidas de 98×98. Pertence a unha colección privada de Liborno, Italia.
As cores son moi variadas e moi cálidas, destacando e combinando sobre todo o laranxa, violeta-azul co vermello.
Representa o fondo do mar, cunha serea e unha cuncha grande á súa esquerda, e polo fondo un sol grande. Lémbranos moito as Venus do Renacemento.
Publicado en simbolismo |
Comentarios desactivados
Comentarios recentes