Pintado no 1928, é un cadro ao óleo con seixos sobre madeira. As súas medidas son 63.1 x 75.7 cm. Encóntrase na Fundación Gala-Salvador Dalí, en Figueras.
Dali: alegoría de la primavera
De 1978, é un óleo sobre madeira, enmarcado con cereixas de plástico e espadrillas catalás. Mide 122 x 244 cm. Está na Fundación Gala-Salvador Dalí, en Figueras.
Distíngense varias formas de mulleres e un cisne, todo con moitas colores especialmente vivas.
Salvador Dali: Afueras de la ciudad del paranoico
Este cadro é do ano 1936. Está pintado de forma lateral, ao óleo sobre madeira, e ten unas medidas de 46 x 66. Anteriormente pertencía á colección Edward James, agora pódese atopar no Museo de Boymans-van Beuniggen de Rotterdam.
O seu subtítulo é Critica: tarde a orilla da historia Europea.
Representa unha especie de mercado antigo, no que se aprecian ruínas e varios monumentos ao fondo, e máis cerca unha señora con postos de venda de diferente cousas. As cores son cálidas e destaca o ceo, cun azul chillón e máis difuminado o fondo.
DALÍ: A persistencia da memoria

La persistencia de la memoria, coñecido tamén como Los relojes blandos, é un famoso cadro do pintor español Salvador Dalí pintado en 1931. Realizado mediante a técnica do óleo sobre o lenzo, é de estilo surrealista e as súas medidas son 24 x 33 cm. Actualmente, atópase no Museo de Arte Moderna de Nova York.
O que máis chama a atención neste cadro pode ser a forma que se lle dá aos reloxos e o tratamento da luz nalgunhas zonas do cadro, así como a referencia que fai aos soños e o subconsciente.



Comentarios recentes