Romanticismo

O romanticismo cultivouse durante o século XIX, principalmente en Alemaña, no Reino Unido e en Francia.

As súas características básicas son:

  • A liberdade de creación.
  • A importancia dos sentimentos e do instinto fronte a razón. Temáticas pasionais, cheas de dor, amor…
  • A importancia da imaxinación e a fantasía.
  • O subxectivismo e o individualismo.
  • Volta á beleza da cor e afección polos contrastes lumínicos que transmiten dramatismo.
  • A paisaxe cultívase moito para evocar os estados do espírito. Teñen preferencia os nocturnos, os cemiterios, as ruínas, o mar fero.

Os autores máis destacados:

Theodore Gericault,  Delacroix,  John ConstableCaspar David Friedrich

Accede á nosa escolma

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.