Artigos etiquetados ‘Vicent van Gogh’

14 de Xuño de 2011

Vicent van Gogh: noite estrelada sobre o Ródano

Obra de 1888. Óleo sobre lenzo. Mide 72.5 x 92 cm. Está no Museo de Orsay, en Paris.

O estilo impresionista nótase nas cantidade de pinceladas de diferentes cores que hai no cadro. Tamén trata de captar a luz nun momento determinado cunhas cores moi vivas.

Etiquetas:
13 de Xuño de 2011

Vicent van Gogh: Os xirasoles

 

O tamaño deste óleo sobre lenzo pintado no ano 1888 e co título Doce xirasoles nun floreiro é de 93 cm X 72 cm

Atópase na Neue Pinakothek de Múnich, en Alemaña.

Está realizado coa técnica do “empaste”, que consiste en apretar o tubo de pintura sobre o lenzo producindo un efecto tridimensional e conseguindo darlle viveza ao cadro, cargar de simbolismo as flores. Destaca sobremaneira o uso do amarelo.

Vicent pintou moitos xirasoles durante a súa estancia en Paris, tempo no que se usaban xirasoles como regalo á persoa que che gustaba. Van Gogh collía no campo os xirasoles e mantíñaos con vida pintándoos. Constitúen un dos temas preferidos deste pintor e conseguiu con eles superar a pintura de “natureza morta”.

Etiquetas:
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.